Steven remonta a súa obsesión pola beleza en todas as formas aos seus primeiros anos. Moito antes de comezar a fotografar, empezou a recompilar un mundo de referencias visuais que logo caracterizarían o seu enfoque único. Ao crecer no Nova York dos anos 60 e 70, era consciente das revolucións estilísticas que tiñan lugar na moda, na música e na arte. Era a época de Warhol e da Factory, dos happenings, o momento de coller unha cámara, facer unha Polaroid. Steven lataba a miúdo as clases para rastrexar e fotografar modelos na rúa.
Steven é único entre os fotógrafos de moda. Domina cada parte do proceso, dende o cabelo e a maquillaxe ata o estilismo. É como se soubera exactamente o que vai acontecer antes de que ocorra. Todo é creación de Steven. Ninguén mais captura instantáneas deste xeito; outros tocan os seus propios instrumentos e teñen unha banda de apoio. Steven é a orquestra enteira. As extraordinarias imaxes que resultan deste proceso son a translación a carrete das visións que se reproducían na súa mente dende cativo.