A Coruña. Este lugar especial no corazón de Galicia. Unha terra única e intacta, un lugar de beleza agreste. Un lugar de poderosos acantilados e praias de area varridas polo vento, inalterable e cambiante como as estacións, que serviu de inspiración a innumerables artistas: pintores, escultores, escritores e fotógrafos.
© Cantíl – Manuel Vilariño
A mostra Steven Meisel 1993: a year in photographs é acollida no espazo expositivo que ten a Fundación MOP en A Coruña. Deseñado pola aclamada arquitecta Elsa Urquijo, trátase dunha innovadora reconversión de dous edificios abandonados (unha nave industrial e silos de cemento) da zona do Peirao de Batería nun espazo expositivo de calidade museística capaz de acoller grandes mostras itinerantes internacionais.
A Fundación MOP, un proxecto persoal de Marta Ortega Pérez, foi creada tras o éxito solicitado coa exposición de inaguración “Peter Lindbergh: Untold Stories”, que se expuxo desde decembro do 2021 ata marzo de 2022. O obxectivo da Fundación é traer a A Coruña exposicións de fotografía de primeiro nivel e, deste xeito, achegar A Coruña ao mundo. As achegas voluntarias dos visitantes e os beneficios xerados pola venda de merchandising da Exposición serán destinados ao proxecto « Future Stories », dirixido ao apoio a creadores na súa carreira artística.